lunes, 7 de noviembre de 2011

Clima

As súas condicións climáticas están moi diversificadas, tanto no sentido estacional como no rexional.
Esta diversidade varía desde zonas tropicais ata áreas temperadas; a temperatura máis extremas está confinada en gran parte ás ladeiras do Himalaia. Excepto nas rexións máis montañosas, a maior parte da India ten un clima uniformemente tropical. As variacións estacionais, resultado dos monzóns suroccidentais e nororientais, inflúen moito na temperatura, humidade e precipitacións en todo o subcontinente. De modo xeral, as estacións da India poden clasificarse como chuviosas e secas. A estación chuviosa vai desde xuño ata novembro, é a estación do monzón do suroeste, vento cargado de humidade que sopla desde o Océano Índico e o Mar Arábigo. O monzón comeza a principios de xuño na costa occidental da península e afecta gradualmente a case todo o país. Durante esta estación as chuvias poden ser moi fortes.
A precipitación media anual ao largo das ladeiras sur do Himalaia é duns 1525 mm.
As chuvias tamén teñen efectos negativo, como por exemplo a proliferación dos mosquitos portadores da malaria e o contraste entre as temperaturas diurnas e nocturnas que favorecen os problemas respiratorios.
A estación fría do monzón do noreste, que se estende desde principios de decembro ata pouco despois do fin de febreiro, está acompañada dun clima moi seco (aínda que a veces hai fortes tormentas e fortes nevadas no Himalaia). A estación cálida, que comeza a mediados de marzo e se extende ata o comezo do monzón do suroeste, é máis sofocante durante maio, cando se poden encontrar temperaturas extremas.
FONTE: http://mural.uv.es/martete/india.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario